Elixen a Gerardo Crespo como novo presidente do Cluster TIC Galicia

luns, 7 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O pasado venres a Asemblea Xeral Extraordinaria do Cluster TIC Galicia que tivo lugar en Compostela elixiu a Gerardo Crespo Riestra (Grupo Azetanet) como presidente da entidade, sucedendo a Rafael Valcarce Baiget (Arteixo Telecom), o que marca unha nova etapa no Cluster TIC, sinalando o novo presidente que iniciará de inmediato un ciclo de conversas con todos e cada un dos membros da entidade, e insistiu en que será un presidente dialogante que respectará as diversas “idiosincrasias e personalidades” que se dan no Clustar”.
Crespo tamén quixo destacar que o obxectivo do Cluster TIC Galicia é “que Galicia teña un sector TIC forte e capaz de tirar da economía do país” xa que “o noso sector debe ser protagonista, xa que é o maior referente de valor engadido e innovación”.
Na Asemblea tamén constituíuse un novo Comité Estratéxico, integrando polos seguintes membros:
- Enrique de Miguel Ilarri (2MARES DEMIL, S.L.)
- Margarita Ordoñez Novo (GECRERI, S.L. -AZETANET-)
- Cesar Blanco Gomez (ACADEMIA POSTAL 3 VIGO, S.L.
- José Antonio Román Jiménez (SIVSA SOLUCIONES INFORMÁTICAS, S.A.U.)
- Alejandro Morán Marco (EVERIS SPAIN, S.L.)
- Antonio Rodríguez del Corral (R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A.)
- Gerardo José García Alvela (SISTEMAS AUDIOVISUALES ITELSIS, S.L.)
- José Álvarez Dafonte (FEMXA FORMACIÓN, S.L.)
- José Manuel Otero López (DISASHOP, S.L. -DISA CONSULTING-)
- Juan Marín Cruzado (MATCHMIND.S.L.U. -TELVENT-)
- Santiago Cárdenas Botas (TECNOCOM TELECOMUNICACIONES Y ENERGÍA, S.A.)
- Jorge Cebreiros Arce (INEO)
- Ramón María Lois Santos (AMETIC)
- Jesús Rodríguez Castro (COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑARIA EN INFORMATICA DE GALICIA)
- Ricardo Fernández Fernández (COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA)

PUBLICIDADE