Eliminarán de Blogger os espazos que moneticen contidos pornográficos
xoves, 27 de xuño do 2013
- Mensaxe que están a recibir por e-mail os responsables de blogs que poderÃan verse eliminados co reforzamento da polÃtica de contidos de Blogger
Ata
hoxe, a polÃtica de contidos de
Blogger, a plataforma de bitácoras de Internet de Google, recolle a
posibilidade de albergar contidos para adultos, incluÃndo espidos e actos de
carácter sexual, sempre que os espazos en cuestión o indiquen asà na súa
configuración (para poder amosar unha advertencia antes de acceder aos mesmos),
pero existe unha restrición adicional que comeza a ter repercusións: non se
permite que Blogger sexa un medio para gañar cartos con contido para adultos (por
exemplo, cunha porcentaxe significativa de anuncios ou ligazóns a sitios de pornografÃa
comerciais).
Esta polÃtica sobre o uso de Blogger para contidos pornográficos comezará
a seguirse rigorosamente a partir do vindeiro dÃa 30, segundo están a advertir
por correo electrónico dende Google a numerosos responsables de blogs que
poderÃan verse afectados, e que poderÃan desaparecer da Internet a partir da
semana que vén.
Entre os motivos para a eliminación dun blog en Blogger tamén figura o contido
incestuoso ou zoofÃlico, a pornografÃa infantil, a pederastia, a incitación ao
odio, a violencia, o acoso e contidos que poidan ferir sensibilidades (como
coleccións de imaxes de feridas de bala ou con escenas de accidentes sen o
debido contexto que as xustifique).