Eliminan varios emuladores do Android Market

luns, 30 de maio do 2011 Marcus Fernández

Entre os emuladores eliminados está o da Nintendo 64

As políticas de Google con respecto da App Store teñen dado pé a múltiples polémicas, pero o Android Market non está libre de problemas semellantes, como o que tivo que enfrontar o desenvolvedor Young Zhang, que veu como todos os seus produtos na tenda de aplicacións desaparecían sen previo aviso, o que cortou de súpeto a súa fonte de ingresos, levándoo a migrar a unha tenda de aplicacións pouco coñecida internacionalmente como SlideME.
As aplicacións que Google eliminou do seu Android Market eran os populares emuladores Nesoid, SNesoid, Gensoid, GameBoid, GBCoid, Gearoid, Ataroid e N64oid, que permitían gozar de xogos de consolas de videoxogos clásicos (NES, Super Nintendo, MegaDrive, Game Boy, Game Boy Color, Game Boy Advance, Master System, Game Gear, Atari 2.600 e Nintendo 64) en terminais con Android, e actualmente poden descargarse de balde, o que agradecerán os afeccionados a xogos retro ou simplemente usuarios que queiran levar unha chea de xogos no seu móbil.

PUBLICIDADE