Eliminan o perfil de Esperanza Aguirre en Tuenti

mércores, 25 de novembro do 2009 Marcus Fernández

É doado atopar en Tuenti numerosos perfís correspondentes a formacións políticas

A formación madrileña do Partido Popular denuncia que o perfil da súa presidenta, Esperanza Aguirre, na plataforma de redes sociais Tuenti, foi eliminado sen previo aviso en outubro xusto un mes despois de que unha firma de capital risco participada pola familia Polanco «decidira mercar o 20% da rede social».
Dende Tuenti responderon aos responsables do equipo web do PP de Madrid que tal decisión foi por incumprir as condicións de uso do servizo, que só permiten a creación de perfís de persoas reais, e non de asociacións ou de persoas ficticias (ou administradas por terceiros), o que tampouco parece estar a ser moi rigoroso, pois na actualidade existen ducias de perfís asociados ás formacións políticas españolas e a figuras públicas coa María Teresa Fernández de la Vega, Pérez Rubalcaba, José Luis Rodríguez Zapatero, Alberto Núñez Feijoo ou Mariano Rajoy que claramente non son contas persoais e que infrinxen distintos puntos das condicións de uso de Tuenti, nas que está bastante claro que non está permitido crear perfís en nome de partidos políticos e asociacións.
É de agardar que nos vindeiros días dean algún tipo de explicación ante este trato discriminatorio, e dende Tuenti deberían optar decididamente entre cambiar as súas condicións de uso ou eliminar de vez a todos os perfís irregulares na súa rede.

PUBLICIDADE