El Correo Gallego estréase en Orbyt
martes, 6 de marzo do 2012
O
diario compostelán El
Correo Gallego estréase hoxe na plataforma de distribución dixital de prensa de
Unidad Editorial, Orbyt, de xeito que a edición impresa da publicación
galega pode consultarse de xeito doado dende o ordenador, o iPad
e distintos smartphones, permitindo a
proba desde servizo de balde ata fin de mes empregando
un código promocional.
El Correo Gallego en Orbyt
contén a edición de papel Ãntegra do xornal, estará dispoñible de balde para os
subscritores da edición impresa, e para o resto será posible mercar a
publicación por 0,79 euros o exemplar, 3,99 euros á semana, 9,99 euros ao mes
ou 26,99 ao trimestre.
Este lanzamento encaixa na nova estratexia editorial de El Correo Gallego, que
dende o pasado outono intenta diferenciar as súas edicións dixitais e impresas,
de xeito que xa non envorcan na súa páxina web todos os contidos da edición en
papel do seu xornal, facilitando agora unha alternativa de pagamento para quen
queira acceder aos contidos completos sen ter que acudir ao quiosco
tradicional.
- El Correo Gallego e os seus suplementos xa están dispoñibles a través de Orbyt
- Anuncio da estrea en Orbyt de El Correo Gallego