Educación presenta unha ferramenta informática para optimizar as inspeccións

mércores, 22 de decembro do 2010 Raquel Noya

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que hoxe celebrou a Xornada da Inspección Educativa 2010-2011, vén de presentar unha nova ferramenta informática coa que optimizar a xestión do traballo desenvolvido polas inspectoras e inspectores, que, entre outras cousas, fará unha valoración más eficaz dos datos recollidos polos mesmos.
A xornada tivo lugar no MUPEGA, en Santiago de Compostela, e foi inaugurada polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira, que destacou a importancia de “ter todas as ferramentas posibles a vosa disposición para poder desenvolver cada día mellor o voso traballo”, ao que engadiu “desde a Consellería apostamos polas cosas ben feitas e pola eficiencia dos recursos dos que dispoñemos e esta nova ferramenta informática facilitará o voso labor”.

PUBLICIDADE