Educación convoca uns premios sobre programación, robótica e impresión 3D
luns, 7 de maio do 2018
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria vén de convocar o premio de innovación educativa DesafÃos STEM: Programación, Robótica e
Impresión 3D, dirixido aos centros de ensino públicos que impartan ESO ou
bacharelato, co fin de recoñecer os proxectos neste ámbito creados polos
propios centros escolares.
Esta iniciativa enmárcase dentro da Estratexia
Galega de Educación Dixital, Edudixital 2020, impulsada pola ConsellerÃa, a
través da cal se busca lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña
formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao
finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e
cientÃfico-tecnolóxica. Por outro lado, tamén se pretende romper coa fenda de
xénero nos estudos STEM.
Para a convocatoria DesafÃos STEM deste ano
establécense dúas categorÃas: Unha STEM Iniciación, dirixida ao alumnado de
1º,2º, 3º da ESO, FP Básica ou PMAR; e unha STEM Afondamento, para alumnos de
4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato. Dentro de cada categorÃa, cada proxecto
poderá optar a tres DesafÃos: DesafÃo Robots, DesafÃo Programación ou DesafÃo
Impresión 3D. Haberá un total de seis premios, un por cada desafÃo e categorÃa,
todos eles dotados con 2000 euros para centro; asà como unha distinción para os
alumnos participantes.
Tal como establece a resolución, os centros
interesados teñen de prazo ata o 10 de xullo para presentar a correspondente
solicitude asà como un informe coa documentación relativa ao proxecto que
presente. Cada centro pode presentar ata un máximo de seis equipos, cada un
deles composto por entre 3 e 6 alumnos que deberán pertencer ao mesmo nivel
educativo. Os proxectos deberán estar elaborados integramente polo alumnado
empregando o equipamento de robótica, as placas de comunicación e programación
e os equipos de impresión 3D cos que a ConsellerÃa de Educación dotou a estes
centros.
Respecto aos criterios de valoración, teranse
en conta a funcionalidade do proxecto presentado, a súa calidade técnica e
pedagóxica, a implicación do alumnado mediante un traballo cooperativo e a
implicación do centro en actividades de fomento de vocacións STEM, entre
outros.