Economía mobilizará 3,8 millóns en axudas para a dixitalización do comercio

luns, 25 de febreiro do 2019 Redacción

Nas vindeiras semanas o comercio galego vai ter á súa disposición unha contía importante de axudas para a súa modernización tecnolóxica. Así o fixo saber hoxe o conselleiro de Economía, quen detallou que a devandita contía será de 3,8 millóns, impulsadas polo departamento que dirixe para “impulsar a dixitalización e a modernización de empresas comerciais e artesanais”.
Os datos foron dados a coñecer durante un encontro con autónomos e emprendedores dos concellos da Mariña e de Foz, organizado en colaboración co Concello de Foz e Federación de Comerciantes da Mariña.
O conselleiro salientou que os beneficiarios poderán desenvolver proxectos de modernización integral de locais ou implantar novas fórmulas de comercialización. “En total”, dixo, “este ano a Xunta vai destinar 14,6 millóns de euros de xeito específico a este sector para beneficiar a máis de 6.000 establecementos”.
A maiores de todo o devandito, destinaranse máis de 600.000 euros a promover a ecoinnovación, “buscando a sustentabilidade ambiental”, e activarase outra partida de 500.000 euros para a creación de laboratorios dixitais que permitirán a”sesorar e guiar ao sector no proceso de dixitalización”.
Conde destacou que o comercio “está a vivir un momento de fondos cambios” e que os establecementos de proximidade “teñen que dar resposta ás novas demandas e preferencias dos consumidores, achegando novos servizos e produtos”. Este sector, dixo, é un dos principais activos económicos da Mariña.

PUBLICIDADE