EconomÃa e R inauguran este venres o encontro informático Technium
xoves, 2 de maio do 2019
Este
3 de maio inaugúrase o encontro informático ourensán Technium
R Encounter 2019, a gran cita da tempada para a nosa comunidade
de seareiras e seareiros das novas tecnoloxÃas para compartir e
tamén, para construÃr. A cita, que se desenvolve en Expourense,
contará para a apertura oficial de actividades (ás 12.00 horas) coa
presenza do conselleiro de EconomÃa, Francisco Conde, e máis do
director xeral da operadora galega R, Alfredo Ramos.
Segundo
apunta a organización (a devandita compañÃa de cable), por
primeira vez na historia, o encontro informático desenvólvese no
recinto de Expourense, e co engadido extra de ofrecer unha velocidade
de conexión de 10 Gbps.
A
sétima edición da party tamén fornecerá á comunidade de
asistentes dunha contorna aberta ao público, de acceso libre e de
balde, na que poderán coñecer de preto as últimas novidades TIC.
Deste
xeito, preto de 500 participantes tomarán parte nun evento sen ánimo
de lucro organizado pola asociación Technium e que conta co
patrocinio da Xunta de Galicia, de R e de Expourense. Os
organizadores esperan que o novo espazo aberto ao público,
denominado Extranet, tamén atraia centos de visitantes, xa
que poderán acceder a conferencias gratuÃtas e recantos
interactivos adicados ás impresoras 3D, os videoxogos e a realidade
virtual.