Economía achega novas axudas para a transformación dos nosos mercados
luns, 5 de setembro do 2022
Francisco
Conde, conselleiro de Economía, presentou este luns 5 de setembro un
novo programa de axudas dotado con 870.000 euros e destinado a
impulsar a dinamización e a transformación das prazas de abastos e
a creación dunha rede de mercados excelentes nos municipios galegos.
Fíxoo
no transcurso dunha visita ao Mercado de Vilanova de Arousa
(Pontevedra). A convocatoria, dixo, contempla axudas tanto para
os concellos como para as asociacións e federacións de praceiros.
Realizaranse
melloras en accesos e infraestruturas, no mantemento ou na eficiencia
enerxética, respondendo ao obxectivo autonómico de colaborar cos
comerciantes, pemes e autónomos para facer fronte aos problemas
actuais do prezo eléctrico. Tamén se impulsará a mellora dos
servizos á clientela, a creación de mercados en liña
(marketplaces) ou campañas dixitais de dinamización.
Nos
últimos seis anos a Xunta destinou 2,6 millóns ao impulso das
prazas de abastos a través das ordes de axudas destinadas a
concellos e asociacións de comerciantes.
Durante
a súa visita, Conde salientou o papel que desenvolven prazas como a
de Vilanova de Arousa na vertebración do territorio en Galicia, e a
súa importancia na dinamización económica, sendo “un exemplo do
que significa o comercio de proximidade na Comunidade”. Por iso,
salientou “a aposta decidida” pola Xunta por impulsar unha rede
de Mercados Excelentes en Galicia, en colaboración cos concellos e
as asociacións e federacións de comerciantes.