EGANET contabilizou 221 candidaturas presentadas aos seus premios
xoves, 26 de novembro do 2009
EGANET vén de facer reconto da participación acadada nos seus premios anuais logo de pechar o prazo para recibir iniciativas aspirantes. Segundo conta a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet, foron un total de 135 as empresas e entidades que enviaron as súas respectivas candidaturas, a través de 221 propostas presentadas nas diferentes modalidades do certame, aos devanditos recoñecementos TIC. Segundo comenta a directiva da entidade empresarial, un dos datos máis salientables que se extrae deste prazo para a presentación de propostas é o afianzamento dos galardóns como referencia no seu eido a nivel galego.
Deste xeito, engade, na pasada edición competiron 74 empresas e entidades (fronte ás 135 devanditas da presente edición) mediante un total de 182 candidaturas (fronte ás 221 da edición deste ano). As categorÃas son nove, ás que se engade o Premio Especial Eganet, que a asociación outorga ao proxecto, entidade ou personalidade galega que máis e mellor traballo despregase ao longo do ano en materia de promoción TIC.
As nove categorÃas para as que Eganet recibiu candidaturas son as seguintes: Premio E-Emprendedores; Premio Cultura Dixital; Premio Software Libre; Premio TecnoloxÃa Accesible; Premio Comunicación Web; Premio Mellor Ambiente Laboral, novidade da presente edición; Premio Publicidade Online; Premio E-Comerce; e Premio á Mellor Aplicación Online. As modalidades con maior número de candidaturas recibidas na presente edición dos premios, 50 en cada un dos casos, son a de Comunicación Web e a de E-Comerce.
Cómpre lembrar que a gala para a entrega de galardóns celebrarase o vindeiro 16 de decembro no Auditorio de Galicia de Santiago.