EGANET consolídase agrupando a 42 empresas galegas do sector das TIC

xoves, 24 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Luz Castro e Beatriz Legerén lideran a directiva de EGANET

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) aproveita o seu traslado a un novo local para dar a coñecer a boa saúde da entidade, que aglutina 42 empresas do sector tecnolóxico galego, que suman unha facturación de 17.696.171 euros e 456 traballadores directos.
A Asociación, creada en 2000 por 17 empresas, está composta na súa maioría por microempresas (cunha facturación de menos de 2 millóns de euros), a metade das empresas asociadas ten unha vida de entre 5 e 10 anos e o 17% supera a década.
Aparte de ofrecer servizos aos asociados, EGANET tamén serve coma catalizador de reivindicacións como a eliminación da fenda dixital e o fornecemento do sector en Galicia.

PUBLICIDADE