EE.UU. comeza a levantar o veto a ZTE

mércores, 4 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Hai preto dun mes o fabricante chinés ZTE chegou a un acordo coa administración Trump para poder continuar coas súas actividades, pero inicialmente a medida que permitiría reformular as sancións contra ZTE non podía aplicarse ante a oposición de varios lexisladores nos EE.UU., que pretendían manter o veto de 7 anos imposto ante o temor de que China estea a utilizar as compañías de telecomunicacións para realizar espionaxe.
Aínda que as discusións políticas sobre o asunto irán para longo, o Departamento de Comercio comezou a levantar o veto, e finalmente autoriza que ZTE poidan manter as súas operacións de redes e equipamentos que dependan de contratos con terceiros anteriores ás sancións do 15 de abril; tamén autorizan que poidan continuar a subministrarse soporte e actualizacións para os móbiles de ZTE e permitirán operacións económicas entre compañías norteamericanas e ZTE, ou sexa, que só é cuestión de tempo que ZTE poidan retomar completamente as súas operacións, sempre que cumpras coas sancións acordadas a primeiros de xuño.

PUBLICIDADE