EE.UU. bloquea o acceso a Exvagos.es

xoves, 17 de marzo do 2011 Marcus Fernández

As autoridades norteamericanas volven a excederse na protección dos dereitos de autor invadindo a soberanía española pois, tras roubar os dominios rojadirecta.com e rojadirecta.org, bloquean agora o servidor que acolle ao foro de exvagos.es no que entre outras cousas era posible atopar ligazóns a películas, series de televisión e música.
Durante unhas horas os visitantes a tal web atopaban unha mensaxe advertindo de que pecharan a web por non cumprir coas leis de copyright dos EE.UU., o que foi acompañado por un bloqueo total do servidor de xeito que os seus responsables non podían nin acceder ao seu correo electrónico, aínda que por sorte para eles, o seu dominio é un .es, polo que puideron mudar a súa configuración de DNS para apuntar a servidores fóra de EE.UU., de xeito que en breve volverán a estar operativos mudando o seu foro a outro servidor.

PUBLICIDADE