É posible gardar páxinas web completas nos favoritos do iPhone

xoves, 14 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

A versión do navegador Safari incluído no iPhone permite almacenar datos nos seus favoritos, o que aproveitaban aplicacións coma Filemark Maker para codificar ficheiros en distintos formatos para a súa consulta off-line (cunha limitación de tamaño de 6 Mb), e agora aparece a web iWebSaver que fai o propio con páxinas web, de xeito que permite consultar páxinas almacenadas cando no contemos con acceso á Rede no iPhone (ou para evitar as lentas cargas cando se está fóra de cobertura Wi-Fi).
O iWebSaver permite incluso gardar WebApps, ou sexa, aplicacións web en javascript feitas para o seu uso no iPhone que van dende xogos ata conversores de medidas. Sería o que agora se dá en chamar favelets, ou sexa, aplicacións gardadas coma favoritos.
Non hai que esquecer que aínda que as páxinas web non se garden fisicamente no disco do iPhone, en realidade si están a ocupar un espazo considerable, só que codificado en forma de enderezos URL de moitos caracteres.

PUBLICIDADE