Durante varias horas un micrositio de Movistar confirmaba que a operadora achegará o iPhone a España

luns, 2 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Movistar sorprendeu durante esta fin de semana coa inauguración accidental dunha páxina web para a promoción do lanzamento do iPhone en España, presumiblemente dende o día 18 do presente mes.
Esta páxina estaría destinada para manter a atención entre o día 9 de xuño (data cando se agarda que se presente o móbil 3G de Apple) e a chegada final a España do iPhone, e permite que os usuarios se apunten para recibir información sobre o tema, o que fixeron centos de persoas durante as poucas horas que estivo a web en liña (actualmente non se pode acceder á mesma).
Os usuarios inscritos nesta web podían remitir imaxes representando números que logo pasarían a indicar o número total de usuarios rexistrados no micrositio do iPhone. É de supor que a nova web se relance oficialmente a vindeira semana.

PUBLICIDADE