Dúas novas revistas electrónicas de videoxogos nacen en plena crise do papel
luns, 30 de marzo do 2009
Nun momento no
que o futuro de revistas impresas de videoxogos como a EDGE periga no
mercado español (e a SuperJuegos Xtreme pechou hai pouco) saen novas publicacións sobre o tema que só existen en
formato electrónico, das que destacamos dúas: a revista XBMagazine e a Games
Tribune.
Ambas destacan por representar dous conceptos totalmente distintos, e asà a
Games Tribune pretende imitar ás publicacións en papel tradicionais, en formato
PDF, cunha maquetación sinxela, aÃnda que cunhas tipografÃas bastante grandes,
de xeito que a súa lectura é doada en pantalla (o que tamén dispara o seu
número de páxinas superando sobradamente o cento), mentres que a XBMagazine
preséntase como unha serie de imaxes en formato horizontal en 16:9, o que a
converte nun contido visualizable na Xbox 360, estando realmente optimizado
para a súa lectura en pantalla, o que poderÃa converterse en toda unha
tendencia no futuro.
Temos asà dous excelentes exemplos de publicacións electrónicas que poden
marcar os pasos que vai seguir o sector no futuro, destacando por ofrecer
contidos de calidade de balde, aÃnda que fuxindo da web. ¿Será posible manter
estes formatos electrónicos ou seguirán a mesma sorte que as publicación
fÃsicas?
- A XBMagazine conta cun deseño moi axeitado para a súa visualización na Xbox 360
- A presentación en formato 16:9 supón unha interesante proposta de XBMagazine