Distinguidos oito centro educativos pola súa acción innovadora a prol do galego

luns, 10 de xullo do 2023 S. P.

A Consellería de Cultura e Educación vén de resolver o programa de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística correspondentes ao curso 2022/2023. Fíxoo coa selección de oito centros que destacan polas súas propostas innovadoras para o fomento do uso da lingua galega, sobre todo entre a mocidade.
A comisión de selección valorou especialmente os proxectos “en función do seu interese educativo, da súa contribución ao incremento do uso da lingua, á eliminación de prexuízos lingüísticos entre a comunidade educativa e á posta en valor do galego como lingua de interese e con proxección de futuro para a mocidade”. Así mesmo, tivo en conta as propostas específicas de atención á diversidade e as medidas para fomentar os valores democráticos, en especial a igualdade, entre outros criterios.
Os cinco centros seleccionados como “excelentes” recibiron unha dotación económica de 2.000 euros. Ademais, o profesorado implicado activamente no desenvolvemento de cada un dos proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. No caso do de Mención de Honra, os docentes participantes no proxecto reciben unha certificación de accésit.
Listaxe de proxectos centros
-Musigalíza-te: CPI Plurilingüe - Antonio Orza Couto (Premio de Innovación Educativa) - Boqueixón (A Coruña)
-Rachando roles: CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Premio de Innovación Educativa) - Ferrol, IES Ricardo Carvalho Calero (Premio de Innovación Educativa) - Ferrol, CEIP A Solaina (Premio de Innovación Educativa), Narón
-Comer e ler en galego: CIFP Paseo das Pontes (Mención de honra) - A Coruña
-A literatura galega á escena: IES Martaguisela (Premio de Innovación Educativa) - O Barco de Valdeorras (Ourense)
-Luces, cámara... A falar!: IES Ramón Cabanillas (Premio de Innovación Educativa) - Cambados (Pontevedra)
-3, 2, 1... Acción!: CEIP Plurilingüe de Reboreda (Premio de Innovación Educativa) - Redondela (Pontevedra)

PUBLICIDADE