Dispoñible o Opera 10 beta 3

venres, 14 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O navegador web Opera 10 chega á súa terceira versión de proba para Windows, Mac e Linux, que incorpora un novo sistema de previsualización de pestanas (fichas) que permite a súa reubicación en case calquera lugar (podendo elixir se vemos as vistas previas na barra superior ou nos costados laterais ou na parte inferior da pantalla). Tamén pódese elixir se amosar nas pestanas texto, faviconas ou ambos e definirse o número máximo de elementos a amosar (se xeito que superado abrirase unha nova barra de pestanas).
Tamén mellora a versión de JavaScript integrada, está traducido a 40 idiomas e é máis estable.

PUBLICIDADE