Dispoñible a ferramenta que converte proxectos Flash en aplicacións para o iPhone

martes, 12 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Red Hood é un pequeno xogo en Flash que pode descargarse de balde para o iPhone

O pasado mes de outubro dende Adobe anunciaron que o Flash chegaría ao iPhone non a través do navegador web, senón coma aplicacións nativas, mediante un proceso semellante ao que permite crear aplicacións de Adobe AIR que, pese a estar desenvolvidas en Flash, funcionan como programas de escritorio no PC, e finalmente concrétase esta novidade no Packager for iPhone, unha funcionalidade incluída no Adobe Flash Professional CS5 (actualmente en fase beta) que permite publicar proxectos ActionScript 3 coma aplicacións nativas de iPhone para poder logo remitilas á App Store de Apple.
Esta nova prestación do Flash permitirá incrementar de xeito importante a cantidade de aplicacións e xogos dispoñibles para o iPhone, pois actualmente hai uns 2 millóns de desenvolvedores de Flash que agora poderán levar as súas obras a un novo soporte que para moitos estudos supón unha fonte de ingresos altamente rendible.

PUBLICIDADE