DispoñÃbel online un xogo didáctico da Deputación de Lugo sobre a Serra do Xistral
luns, 11 de maio do 2020
A
Deputación de
Lugo, ao abeiro do proxecto europeo Life, lanzou ás redes (e en
formato fÃsico) un xogo de cartas didáctico destinado a
sensibilizar sobre a riqueza medioambiental e a biodiversidade da
Serra do Xistral. O material, dirixido a todos os públicos,
mostra as principais especies da flora e fauna e conciencia sobre as
ameazas destes hábitats prioritarios, nos que a institución
provincial, xunto ás universidades de Santiago e A Coruña, está a
implantar un modelo pioneiro de desenvolvemento rural compatÃbel coa
conservación da natureza.
En
concreto, a iniciativa consiste nun didáctico xogo de cartas,
dirixido a todos os públicos, para aprender as principais especies
da flora e fauna destes hábitats nos que predominan queirogais
húmidos e turbeiras de grande valor ecolóxico para protexer a
biodiversidade no noroeste Ibérico.
O
xogo tamén ensina as principais ameazas destes hábitats naturais
prioritarios como son o abandono de actividades tradicionais, as
especies invasoras, os lumes forestais e o cambio climático amosando
o fundamental papel que xogan as turbeiras destas montañas para
combatelo pola súa gran capacidade de almacenamento do CO2.
As
primeiras 500 copias deste xogo de cartas están en fase de impresión
e serán distribuÃdas entre centros de ensino, asociacións de
educación ambiental, grupos ecoloxistas e outras entidades. Está
xa dispoñÃbel
na web do
proxecto para a súa descarga e consulta. As cartas pódense
consultar como unha guÃa de fichas para aprender sobre a natureza da
provincia da Lugo.