Dios ke te crew abre web

martes, 18 de novembro do 2008 Fernando Sarasketa

Dios ke te crew vén de abrir espazo propio de seu na Rede. A web, longamente agardada polos seus seareiros (hai moitas outras páxinas que falan deste grupo de Ordes e da súa traxectoria, pero se cadra non de xeito tan directo), ten feitura de agasallo para os afeccionados. Este é o motivo principal do coidado posto no seu deseño, concibido á maneira dun libro segredo que se abre en tres linguas (galego, castelán e inglés) e que ofrece, unha vez aberto e atendendo aos marcadores das páxinas, unha longa listaxe de contidos: vídeos, imaxes, fotografías, información xeral sobre o grupo, recursos de e para a prensa, ligazóns, contactos e material de promoción.
Por certo que a web-libro-sagrado non se para unicamente na estética, perdéndose nela, senón que leva a arela da utilidade ao máximo chanzo: permite descargar (por exemplo) o seu primeiro traballo (16 temas) ou as 9 cancións que constitúen o seu CD Ghamberros, entre outras achegas.
A apertura da páxina está a referenciarse arestora na comunidade Chuza!

PUBLICIDADE