Digi lidera as portabilidades móbiles en 2021

luns, 3 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

Estes días está a facerse balance nas portabilidades do sector das telecomunicacións, e a sorpresa do ano é sen dúbida que o operador Digi rexistrou un saldo positivo de máis de 448.700 liñas netas de telefonía móbil e fixa, liderando as portabilidades móbiles con máis de 360.600 liñas.
Digi conta actualmente con máis de 2.795.000 clientes de telefonía móbil, sumando tamén 393.000 clientes con servizo de fibra e máis de 135.000 clientes con telefonía fixa, resultados que conseguen grazas a que xa dan servizo a todas as provincias españolas (aínda que están lonxe de cubrir todos os concellos).
Cómpre salientar que os datos citados son os manifestados por Digi son provisorios, xa que os datos oficiais publicaraos a CNMC no mes de febreiro, cando poderemos coñecer mellor o panorama estatal, no que espérase que Digi conserve unha magnífica posición.

PUBLICIDADE