Dez centros escolares galegos incorporarán Espazos Maker
venres, 7 de decembro do 2018
Un
total de dez centros escolares de toda Galicia incorporan por primeira vez
neste curso Espazos Maker, unha acción da ConsellerÃa de Educación,
Universidade e Formación Profesional, para fomentar as competencias STEM
(Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e Matemáticas) entre o alumnado.
Trátase do IES SofÃa Casanova (Ferrol), CPI Plurilingüe
Cernadas de Castro (Lousame), IES Arcebispo XelmÃrez II (Santiago de
Compostela), IES Monte das Moas (A Coruña), IES Isaac DÃaz Pardo (Sada), IES A
Pontepedriña (Santiago de Compostela), IES de Porto do Son (Porto do Son); IES
A Xunqueira II (Pontevedra), IES República Oriental do Uruguai (Vigo) e IES
Primeiro de Marzo (Baiona), tal
como se pode ver na páxina web da ConsellerÃa.
Os Espazos Maker foron concibidos como zonas especÃficas
dentro dos centros escolares, dotadas cos medios tecnolóxicos necesarios para
que o alumnado poida materializar a súa creatividade a través de proxectos
propios de experimentación, isto é, aprender
facendo.
Cada un destes centros recibe unha achega de 2.000 euros por
parte da ConsellerÃa para poñer en marcha o seu Espazo Maker, asà como unha
dotación de material especÃfico que inclúe un equipo de procesado audiovisual
(con estación de procesado, pantalla grande e dúas tabletas), equipamento
audiovisual (cámara dixital de foto e vÃdeo con obxectivos intercambiables e
trÃpode, trÃpode de alta estabilidade, gravador de audio, cascos auriculares,
sistema de gravación completo, equipo multifunción color tamaño A3 e escáner
3D), e mobiliario metálico (composto por carro para desprazar pequena
equipación e banco de traballo ou superficie fixa de traballo para maquinaria).
A dotación complétase con pequena maquinaria e ferramenta
como trade eléctrico de gran potencia, trade de baterÃa, mini trade de
bricolaxe, lixadora delta e set completo de lixas de diferente grao e para
materiais distintos, caladora con set completo de follas de corte, sistemas de
aspiración de seco e húmido semiprofesional, cortadora-fresadora CNC, conxunto
de ferramenta manual, soldador de estaño, conxunto de coitelos de precisión
pistolas de pegamento termofusible e de aire e máquina de coser.
Enmarcada na Estratexia galega para a educación dixital,
Edudixital 2020, esta acción é unha das medidas novidosas no ámbito STEM
deseñadas pola ConsellerÃa e que inclúe tamén a posta en marcha, por primeira
vez neste curso, do Bacharelato de excelencia en Ciencias e TecnoloxÃas, o
STEMbach (con 200 alumnos de 15 centros); e o primeiro campamento
cientÃfico-tecnolóxico en inglés, a STEMweek (que se desenvolveu entre agosto e
setembro).
Estas tres novas medidas –o STEMbach, os Espazos Maker e a STEMweek– súmanse ás
xa desenvoltas no curso pasado como a Semana STEM e a ampliación de Robótica en
Primaria (con kits que chegan xa a 159 centros públicos), ou os Clubs de
Ciencia.
En total, todas estas iniciativas implican un investimento
por parte da ConsellerÃa de preto dun millón de euros.