Deteñen a un mozo por roubar mobles dun mundo virtual

xoves, 15 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A policía holandesa detivo a un mozo de 17 anos acusado de roubar mobiliario virtual de habitacións de Habbo Hotel por valor de 4.000 euros. As autoridades de Amsterdam interrogaron a 4 mozos de 15 anos que tamén son sospeitosos de colaborar coa subtracción de mobles virtuais.
Os problemas de roubo de datos de usuarios xa aconteceron no pasado, pero estamos no primeiro caso no que a Policía emprende accións legais polos roubos virtuais, xa que o mobiliario do Hotel se pagou con cartos de verdade.
Para efectuar o roubo de mobles foi preciso piratear as contas de usuario dos donos dos mesmos, para suplantalos e poder cambialos de lugar, e a rouba dos datos de acceso dos usuarios se fai en moitas ocasións suplantando a web orixinal do mundo virtual desenvolvido pola compañía finlandesa Sulake que asegura que xa conta con 80 millóns de usuarios.

PUBLICIDADE