Detectan un troiano que grava as chamadas de móbiles Android

mércores, 3 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Para poder acceder ás nosas chamadas a aplicación que inclúe o troiano precisa do noso permiso.

CA Technologies descubriu un novo malware para terminais Android que vai un pouco máis aló doutros que detectaran anteriormente, chegando non só a rexistrar as chamadas que realizamos e recibimos no móbil, senón incluso gravándoas en formato .AMR na tarxeta de memoria do terminal, o que podería tanto ameazar a confidencialidade das nosas comunicacións como deixar o móbil sen memoria libre.
Esta información só dá a entender que debemos evitar a instalación de aplicacións no noso móbil que sexan de orixe descoñecida, pois poden ocasionar problemas impensables. O troiano detectado pola xente de CA Technologies non provén do Android Market, senón que fontes de dubidosa confianza e gozando da autorización do usuario na súa instalación, de xeito que o usuario medio debería de estar tranquilo, pois este tipo de ameazas só afectarían a usuarios avanzados.

PUBLICIDADE