Detectan accesos accidentais de Instagram á cámara dos iPhone
luns, 27 de xullo do 2020
A vindeira actualización de iOS inclúe novas alertas de
seguridade que ao dar conta do uso de elementos como o portapapeis, a cámara ou
o micrófono de certas aplicacións pon aos usuarios sobre aviso de posibles
violacións da súa intimidade, de xeito que as probas da beta de iOS 14 está a
provocar bastante rebumbio, levando a que moitas aplicacións muden certas prácticas
para evitar unha fuxida de usuarios ante o medo de sentirse espiados.
A última en ter que someterse a este tipo de escrutinio é Instagram, xa que
detectaron como ao usar Instagram, sen ter prendida a súa cámara, iOS 14 indicaba
que a aplicación estaba a acceder á cámara do móbil, o que poderÃa ser moi
alarmante, aÃnda que rapidamente indicaron que ese comportamento respondÃa a un
bug que vén de ser corrixido.
Un
voceiro de Instagram detallou que non acceden á cámara do móbil agás cando o
usuario quere facelo, e a alerta que amosa a beta de iOS 14 non
corresponderÃa a un acceso real á cámara, senón a un erro no código que disparaba
tal indicador sen que chegase a rexistrarse o contido captado pola cámara.
Este tipo de fallo é relativamente frecuente, e non se lle prestaba atención
até agora, cando o sistema operativo alerta diso, polo que é de esperar que
grazas á nova funcionalidade de iOS as aplicacións pasen agora maiores controis
de calidade para evitar escándalos que poidan provocar a perda de usuarios
activos.