Desvelan Mario Lavandeira leva PerezHilton.com coa axuda da súa irmá

luns, 20 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Mario Lavandeira posando con Victoria BeckhamAs publicacións de rexouba están a coller moita forza na Rede, e así espazos coma TMZ.com están a ter unha relevancia internacional notable, pero o que poderiamos considerar coma o segundo espazo web en importancia neste xénero, PerezHilton.com, caería coma mito despois de que resultase evidente de que o seu fundador, o neto de galegos Mario Lavandeira, non é o único redactor do blog (fronte ao que aseguraba publicamente), senón que a súa propia irmá Bárbara tamén contribúe con textos, como soubemos despois de que ante unha denuncia, Mario recoñecese non ser o autor da entrada que provocou a polémica. Mario asegura agora que a súa irmá é a súa axudante, e sería a primeira vez que recoñece que utiliza negros para poder manter actualizado o seu blog.
Segundo parece, non é unha grande sorpresa que unha única persoa non fose quen de administrar todo o blog de PerezHilton.com, pero o feito de que tivese que mediar unha denuncia para que se recoñecese oficialmente vese coma unha cachada, aínda que non é agardar que iso afecte en absoluto ao éxito deste peculiar espazo na Rede.

Imaxe de Bárbara Lavandeira
Na súa defensa xudicial, Mario Lavandeira recoñece que a súa irmá escribiu a entrada que provocou a polémica suscitada

PUBLICIDADE