Despiden a un docente por utilizar un blog como ferramenta educativa
xoves, 1 de outubro do 2009
Varios blogs están a
comentar hoxe o caso do centro
educativo Orue Eskola, adscrito á Asociación de Ikastolas Católicas,
no que imparten un ciclo superior de formación profesional en educación
infantil, por
ter despedido a un docente ao utilizar nas súas clases unha
metodoloxÃa que «non se axusta aos
parámetros establecidos pola normativa en vigor» ao utilizar coma elemento
motor da materia un
blog.
O docente en cuestión só impartÃa a clase de Desenvolvemento cognitivo e motor, e aproveitaba que a súa aula
estaba dotada de proxector, Wi-Fi e 10 ordenadores portátiles para facer un uso
intensivo das tecnoloxÃas a través dunha bitácora de Internet.
O caso sorprende especialmente por xustificar o despedimento do profesor
baseándose no uso dunha ferramenta, elemento que non establece a normativa
vixente, e por ser unha das poucas veces nas que penalizan o aproveitamento das
TIC na educación en vez de facer xusto o contrario.