Desestiman outra denuncia contra unha páxina web de descargas

martes, 22 de xuño do 2010 Marcus Fernández

A sección primeira da Audiencia Provincial de Cantabria desestimou o recurso interposto pola distribuidora Lauren Films contra a páxina web Cinegratis.net por enlazar contidos suxeitos a dereitos de propiedade intelectual, confirmando un auto do pasado 12 de abril do Xulgado de Instrución nº 1 de Santander no que considerábase que a páxina web denunciada non incumpría a lei.
Estamos ante a novena causa na que a Xustiza entende que enlazar a contidos na Internet non pode supor delito de infracción do copyright, pois as páxinas web denunciadas ata o momento non albergan os contidos publicados na Rede, senón que só facilitan a súa localización coma fai, por exemplo, Google. De feito, este último auto recolle que Cinegratis.net si favorece a violación do copyright, pero tal conduta non está tipificada polo artigo 270 do Código Penal.

PUBLICIDADE