Denuncian que Apple secuestra as mensaxes dos usuarios que mudan a Android

luns, 19 de maio do 2014 Marcus Fernández

Unha cidadá norteamericana vén de presentar ante o Xulgado do Distrito Norte de California unha demanda contra Apple por mor do funcionamento da súa aplicación de Mensajes, xa que tras ser usuarios de iPhone, empregando a popular ferramenta de mensaxería, atopou que tras mudar de teléfono por un Android, cada vez que outro usuarios de dispositivos de Apple remitíalle unha mensaxe, esta quedaba secuestrada polos servidores de Apple, que a amosaban como enviada ao seu dispositivos con iOS, que xa non estaría en uso. Deste xeito Apple estaría a interferir entre as comunicacións dos seus usuarios, penalizando aos consumidores que abandonan os seus produtos, o que supón unha clara infracción da lexislación de consumo e competencia aplicable no Estado de California.
A demandante critica especialmente que o que padeceu non se trata dun caso illado, senón que detectáronse numerosos casos idénticos en todos os EE.UU., tendo Apple coñecemento das incidencias e non tomando medidas para corrixilas.
A devandita incidencia xa aparecía en medios de comunicación como The New York Times o pasado mes de decembro, e hoxe continúa sen solucionarse, no que non queda claro se é un caso de neglixencia ou de mala fe por parte de Apple.

PUBLICIDADE