Denuncian o mal funcionamento da aplicación Radar COVID

luns, 28 de setembro do 2020 Marcus Fernández

Agora que a aplicación Radar COVID está conectada coa meirande dos sistemas sanitarios españois, así como tamén presenta a súa interface en galego, era de agardar que comezase a ser de utilidade, pero as experiencias dos usuarios apuntan a todo o contrario, e do mesmo xeito que nas redes sociais hai moitas queixas indicando que é practicamente imposible conseguir o código de diagnóstico para introducir na aplicación, chegan tamén testemuños de usuarios que, tras dar positivo e teimar para conseguir o código, contemplaron con asombro como a aplicación non notificou rapidamente aos seus contactos próximos o risco de exposición.
Existe moi pouca información sobre como conseguir os códigos de diagnóstico para introducir en Radar COVID, cando ese dato debería subministrarse directamente ao recibir un resultado positivo por COVID-19, pero que unha vez introducir que a parella dun positivo (Mario González, de Mallorca), tardase 5 días en recibir a alerta de Radar COVID, que o seu cuñado tardase 8 días e que amigos cos que mantivo contracto estreito nos días anteriores á PCR positiva aínda non recibisen ningunha alerta é un moi mal sinal do funcionamento de Radar COVID, o que atribúen a problemas nos servidores da Secretaría de Dixitalización e Intelixencia Artificial, que non estarían a distribuír as peticións de códigos como deberían, aínda que falamos de problemas que aínda poden emendarse.

A interface de Radar COVID por fin está dispoñible en galego.

PUBLICIDADE