Denuncian ao superrrato de Apple

xoves, 22 de maio do 2008 Marcus Fernández

O Mighty Mouse de Apple e o de Man and Machine

A empresa Man and Machine, que vende un rato informático impermeable e resistente a produtos químicos pensado para o seu uso en hospitais e laboratorios baixo o nome de Mighty Mouse (superrato, en inglés) denunciou a Apple e á CBS por infrinxir a súa marca, xa que Apple venden un rato co mesmo nome para os seus Mac (mentres que a CBS, propietaria do personaxe animado Superratón lle cedía o nome a Apple).
Segundo parece, o rato de Man and Machine tomou nome en 2004 e rexistrou a marca en decembro de 2007, mentres que a CBS a rexistrou en xullo de 2007 argumentando que o primeiro uso foi en 2005 (cando Apple lanzou o seu popular rato informático) polo que o conflito promete ser complexo, pois dende Man and Machine aseguran que a marca da CBS no cubría a súa aplicación a interfaces de control.

PUBLICIDADE