Denuncian a mala cobertura da TVG na montaña luguesa

martes, 26 de decembro do 2023 Redacción

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia que adopte as medidas oportunas para garantir que os veciños e veciñas da montaña luguesa reciban o sinal das canles da TVG nas mesmas condicións de calidade técnica que o conxunto de galegos e galegas. Así se aprobou no pleno desta mañá logo dunha proposta do goberno provincial que foi aprobada cos votos a favor do PSdeG e do BNG, e en contra do PP.
O deputado socialista pola montaña e responsable de medio ambiente, Carlos López, expuxo que os veciños e veciñas de varias aldeas da parroquia de Castañedo, en Navia de Suarna, veñen denunciando a deficiente cobertura do sinal da televisión pública autonómica, a TVG, nos seus fogares. En concreto, enumerou os lugares de Coea, As Cobas, Castañedo e Mosteirín, que non poden visualizar a programación desta canle nas mesmas condicións que o resto de Galicia.

PUBLICIDADE