Dell podería incorporar modems 3.5G de Ericsson nos seus portátiles

xoves, 15 de maio do 2008 Marcus Fernández

Ante a popularización das conexións de banda larga móbil, Dell decidiu asociarse con Ericsson para incorporar modems HSPA nos seus portátiles, de xeito que nos lugares onde non conten con conectividade Wi-Fi poidan ter acceso á Rede mediante as infraestruturas de telefonía móbil que permite comunicacións ata 3,6 ou 7,2 Mbps.
Os módulos instalados nos portátiles tamén poderían integrar receptores GPS, o que achegarían funcionalidades de navegación e posicionamento aos portátiles de Dell que se vendan dende comezos do verán.
Actualmente Dell xa permite a configuración de modems HSDPA internos en moitos dos seus equipos coma os Vostro 1.400, os Latitude D630, os Latitude XT Tablet PC ou os Latitude ATG, o que permite aos seus usuarios non ter que conectar ao seu equipo modems USB ou PCMCIA, supondo unha importante vantaxe no tocante á integración e á mobilidade.

PUBLICIDADE