Dell e Microsoft colaboran na loita contra a SIDA en África

venres, 25 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Bill Gates e Michael Dell presentaron en Davos, xunto ó cantante Bono, a nova iniciativa na que colaborarán co proxecto AIDS-in-Africa achegando parte dos ingresos da súa nova liña de produtos para a loita contra a SIDA.
DEll lanzará a finais de mes os seus equipos baixo a marca (PRODUCT)RED, como serán os ordenadores XPS m1530, m1330 e XPS One, así como a impresora 948 AIO, que presentarán no seu deseño certos detalles en cor vermella para indicar o seu compromiso coa loita contra a SIDA, que se traduce en doazóns de entre 50 e 80 dólares por ordenador (5 dólares no caso da impresora).
Microsoft tamén colabora coa causa cunha versión do seu sistema operativo Windows Vista Ultimate que presenta unha estética acorde coa gama de produtos vermellos (con 6 fondos de escritorio exclusivos, 1 protector de pantalla, 2 gadgets para a barra lateral e 1 tema Windows DreamScene), e que se incluirá cos novos equipos informáticos de Dell.

Galería dos novos produtos

PUBLICIDADE