Dell corrixe unha campaña criticada por sexista

luns, 25 de maio do 2009 Marcus Fernández

Dell quixo captar ao público feminino a través unha sección da súa web chamada Della e na que recollían distintos equipos e accesorios que pensaban que serían atractivos para mulleres, cambiando un pouco a visión corporativa que normalmente tense dos seus ordenadores, pero cometeron o erro de completar este apartado con consellos para mulleres, o que espertou moitas críticas polo seu sexismo. Moitas mulleres profesionais sentíronse ofendidas ante a insinuación de que o público feminino só empregue os ordenadores para buscar trucos de maquillaxe, información sobre a moda ou organizar receitas de cociña, á vez que os fabricantes limítanse a pintar os seus trebellos de rosa para que automaticamente sexan máis atractivos.
En vista de que a campaña promocional estaba a acadar o resultado contrario ao pretendido, veñen de modificar a web da mesma para eliminar os contidos sexistas, limitándose a uns poucos consellos e recoñecendo que atenderan ás críticas recibidas.

PUBLICIDADE