Debuxan o código QR máis grande do mundo nun campo de millo

martes, 11 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Por 13º ano consecutivo na Granxa Familiar Kraay fixeron un labirinto entre o millo, pero este ano, en vez de render homenaxe a algún tema, optaron por debuxar no campo un código QR cun tamaño de 28.760 metros cadrados de xeito que sería o código QR máis grande do mundo, 14 veces maior que o anterior record mundial rexistrado en Toronto en xuño.
O código QR en cuestión remite á páxina web da granxa, aínda que para escanealo é preciso voar en helicóptero sobre o campo no que se debuxou. Esta curiosa iniciativa vén de ser recoñecida por un Record Guinness, o que celebrarán o vindeiro día 15 nunha festa da que aínda non deron detalles.


Para escanear o código QR é preciso voar sobre o mesmo en helicóptero

PUBLICIDADE