David Fincher podería dirixir unha película sobre Facebook

mércores, 24 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Mark Zuckerberg, fundador de Facebook

Leva tempo falándose de que podería facerse unha película cinematográfica aproveitando o pulo de Facebook, e finalmente parece que o proxecto vai concretarse nunha produción real, e Columbia Pictures tería bastante avanzadas as conversas para que David Fincher dirixise The Social Network (A Rede Social), unha película baseada nun guión de Aaron Sorkin sobre a formación de Facebook, que estaría enfocado na evolución desta plataforma dende a súa creación en 2004 na Universidade de Harvard por parte de Mark Zuckerberg.
A película podería entrar en fase produción a finais do presente ano.

PUBLICIDADE