Dan a coñecer o resultado do IV Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal
venres, 30 de abril do 2021
O xurado de
adultos do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e Punto Gal,
composto polo presidente da Real Academia Galega, VÃctor F. Freixanes; o
presidente e o director xeral de PuntoGal, Manuel González González e DarÃo
Janeiro; a académica Chus Pato e a xornalista Alba Tomé, decidiu
conceder o primeiro galardón á historia titulada Non te gastes,
elixida entre preto de 800 textos
presentados. A autora é a ourensá Paloma de Toro, profesora de inglés de
profesión. Luca Chao Pérez, investigadora en ciencias sociais e profesora en
prácticas de Historia, fÃxose co segundo premio con Aves de paso, un
relato de 113 palabras; e MarÃa Cabaleiro Alfaya, bióloga residente en Salceda
de Caselas e investigadora predoutoral no campo da micoloxÃa, gañou o terceiro
premio cunha historia de 198 palabras titulada Sara.
O xurado
declarou ademais finalistas Insomnio, un relato de só 30 palabras
asinado por Marta Isabel Villar RodrÃguez (Malpica, 1973), xornalista de
profesión; e Euloxio, de 200 palabras, co que concorreu Iria Ramos MesÃa
(Valdoviño, 2000), estudante de Xornalismo.
As persoas premiadas recibirán diferentes premios
tecnolóxicos, libros e, no caso dos primeiros e segundos premios das categorÃas
de adultos e xuvenil, un dominio .gal gratuÃto durante un ano. A Real Academia
e PuntoGal publicarán os textos seleccionados nas súas páxinas web e en relatos.gal, a web do concurso, onde se ofrece toda a
información sobre a convocatoria. Luzes
tamén os reproducirá e agasallará as gañadoras na modalidade de adultos
cun lote de publicacións da revista, onde tamén se publicarán os relatos
finalistas non premiados.