DC prepara unha plataforma de streaming

xoves, 3 de maio do 2018 Marcus Fernández

Nun momento no que medran en volume de contidos plataformas como Netflix ou HBO, dende a Warner sorprenden anunciando DC Universe, unha plataforma de streaming que sería a primeira do seu tipo, x que buscaría ofrecer unha experiencia dixital inmersiva para os seareiros do Universo DC, apoiándose en grande medida no acceso a series orixinais en exclusiva.
Tras confirmar que en DC Universe estarán as series (animadas e de acción real) de Titans, Young Justice: Outsiders, Metropolis e Harley Quinn, sorprende engadindo á colección Swamp Thing, unha das bandas deseñadas máis aclamadas, especialmente pola súa etapa escrita por Alan Moore, que desmarcarase do resto de producións do servizo de streaming de DC ao apostar polo terror, deixando claro que DC non quere marxinar ao público adulto na súa nova plataforma.

DC Universe apostará polo terror con Swamp Thing

PUBLICIDADE