CulturaGalega.org permítenos botar unha ollada ao e-mail de Ramón Piñeiro

venres, 15 de maio do 2009 Marcus Fernández

Para celebrar o Día das Letras Galegas os responsables do portal CulturaGalega.org decidiron render homenaxe a Ramón Piñeiro cunha orixinal recreación do que sería o cartafol de mensaxes enviadas por correo electrónico por parte do persoeiro galego se contase con e-mail no seu tempo.
Esta curiosidade elaborouse tomando coma base o epistolario de Piñeiro (composto por 8.000 cartas a 1.300 destinatarios), que está a desempoar, catalogar e dixitalizar (para a súa posterior difusión) o Consello da Cultura Galega a través dun convenio de colaboración coa Fundación Penzol, entidade que alberga a biblioteca e arquivo do autor.

PUBLICIDADE