Cuatro estrea web para móbiles

xoves, 12 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Así se ve Cuatro.mobi nun Nokia N95

A canle televisiva Cuatro estreou portal móbil co gallo da Eurocopa, que se pode consultar baixo o dominio cuatro.mobi, nunha iniciativa que nace dun acordo de comercialización publicitaria entre Nokia e Sogecable Media.
Cuatro.mobi reforza e amplía a oferta de contidos en telefonía móbil da canle de televisión (que xa se pode ver a través da plataforma Digital+ Móvil, dispoñible en Vodafone e Orange). A nova web permite consultar no móbil a programación da cadea, ver avances e os mellores momentos en vídeo dos programas máis representativos, os últimos vídeos de novas e deporte e mesmo xogos e creacións gráficas para personalizar o terminal.
Non falta información da Eurocopa, aínda que sorprende que Cuatro aposte por este tipo de medio nun momento no que están a emerxer dispositivos móbiles de elevadas prestacións que non precisan dunha versión reducida da web.

PUBLICIDADE