Cuatro abre a súa propia tenda na Rede

venres, 1 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A canle de televisión Cuatro inaugurou onte a súa tenda virtual na Internet de xeito que é a primeira televisión española que abre unha tenda electrónica de produtos relacionados coas súas series e programas.
De Cuatro oferta produtos oficiais dos mellores contidos da canle de Sogecable, como poden ser os paquetes coas tempadas completas de House ou de Génesis, os libros de Desnudas ou de Anatomía de Grey, os CD coas bandas sonoras de High School Musical e mesmo os bonecos articulados de Pressing Catch.
Os prezos dos produtos son competitivos e inclúen ofertas en varias ocasións, podendo recibirse no domicilio en menos de 48 horas.

PUBLICIDADE