Critican que o Windows 7 non teña descontos para estudantes en España

luns, 26 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A chegada do Windows 7 estivo rodeada de moita expectación, e as ofertas para as reservas en moitos países disparou as súas vendas, pero España parece estar fóra de toda este remuíño, e incluso xa hai quen critica que quedásemos apartados dos plans de desconto de Windows 7 para estudantes universitarios, e así aquí non teñen ningún tipo de promoción, mentres que en países coma Francia poderán adquirir ata o 3 de xaneiro de 2010 unha copia de Windows por só 35 euros.
Outros países nos que tamén existen descontos semellantes son EE.UU., Alemaña, Corea do Sur, Canadá, Reino Unido e México, non parecendo existir unha razón obxectiva para o que algúns consideran unha discriminación.

PUBLICIDADE