Covadonga Toca (IGAPE) reuniuse coa nova presidenta de Ineo, Lourdes Guerra

martes, 1 de agosto do 2023 S. P.

A directora do IGAPE, Covadonga Toca, mantivo recentemente un encontro co equipo directivo da Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo) e coa súa nova presidenta, Lourdes Guerra, no que se avaliou a importancia das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na mellora competitiva do tecido empresarial e o papel da entidade para facer de Galicia un referente do sector e impulsar a cultura innovadora.
Na reunión púxose de manifesto “a necesidade de seguir apostando pola colaboración institucional nesta nova etapa”, co obxectivo de apoiar as empresas que forman a asociación para continuar mellorando nos procesos que definen a súa actividade, como son a innovación, a formación, a internacionalización ou o emprendemento e o traslado e aplicación do coñecemento do sector a toda a sociedade.

PUBLICIDADE