Coremain estreou nova sede en Pontevedra
martes, 28 de xaneiro do 2020
Coremain,
a empresa tecnolóxica galega, finalizou 2019 cun investimento
destinado á mellora das súas propias infraestruturas en Pontevedra,
un proceso que incluíu o traslado do equipo humano da cidade do
Lérez a unhas novas oficinas para, en palabras da empresa, “gañar
en comodidade e optimizar as instalacións para o equipo
profesional”. A
empresa TIC rematou o ano coa estrea das ditas novas dependencias de
Coremain en Pontevedra, emprazadas en pleno centro da cidade.
A
sede pontevedresa de Coremain é un espazo de 226 metros cadrados e
con vistas á Peregrina, onde a división local da compañía conta
cun espazo especialmente “amplo, diáfano e funcional” e unhas
instalacións, en palabras da empresa, “innovadoras e moi axeitadas
para permitirnos seguir medrando”. Conformada por un espazo aberto
de traballo, tren tres salas de reunións e un espazo office. A
sede está emprazada no número 1 da rúa Andrés Muruais.