Convocan un Concerto de Internet para o vindeiro 17 de maio
xoves, 5 de marzo do 2009
Co gallo do DÃa
de Internet o vindeiro 17 de maio anuncian
o primeiro Concerto Mundial on-line e
o Concurso Internacional de Composición, que no primeiro caso
consiste na coordinación dun concerto con músicos de todo o mundo coordinados a
través da Internet e o segundo buscarÃa a creación dun repertorio de obras
inspiradas na Internet (premiando á mellor con 3.000 euros).
Nestas iniciativas participan os directores da orquestra Carlos Escudero
(profesor de violÃn e director da Camerata de San Nicolás) e Pedro Vázquez
MartÃn (director da Orquestra Nova de Aljarafe) xunto coas Asociacións de
usuarios de Internet de nove paÃses da comunidade iberoamericana de nacións,
buscando que o vindeiro 17 de maio se retransmita un grande concerto coas
achegas realizadas polos participantes no concurso, instando dende a
organización a que os participantes de cada vila ou cidade se xunten e toquen
nun lugar público este Concerto
de Internet, aÃnda que é todo un enigma cómo será a resposta desta
iniciativa da que non hai precedentes.