Convocan o I Premio Vinos y Blogs

xoves, 13 de maio do 2010 Marcus Fernández

O III Concurso de Viños do Noroeste organizado polo Concello de Pontevedra incorporará coma novidade o I Premio Vinos y Blogs, no que poderán inscribirse antes do 30 de maio calquera blog creado antes de febreiro de 2010 que non precisa estar especializado en gastronomía ou enoloxía he escrito en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica.
O gañador poderá participar coma catador xunto a un grupo de 30 especialistas no proceso de selección dos viños máis singulares de Castela e León, Galicia, Asturias, País Vasco e Portugal, así como recibir unha colección de viños singulares da denominación de orixe do Bierzo. A organización farase cargo dos gastos de desprazamento, hospedaxe e manutención do gañador para asistir á cata en Ponferrada.

PUBLICIDADE