Convocados os premios galegos de publicidade en 2007 do Consello Asesor de RTVE-G
venres, 11 de xaneiro do 2008
O Consello Asesor de RTVE-G e a CRTVG vén de convocar a quince edición do seu Premio de Publicidade, un recoñecemento co que a entidade quere salientar o máis destacado do ano 2007 en Galiza en materia de promoción televisiva, na radio e na Internet. Nesta edición, como nas anteriores (sinalar que na de 2006 foi galardoada a Axencia Audiovisual Galega pola presentación na Rede da Oficina Virtual desenvolvida por Interacción), poderán participar medios, axencias e entidades promotoras que xeren e difundan anuncios ou cuñas publicitarias, transmitidas de xeito Ãntegro en galego.
Os traballos deberán ser divulgados no perÃodo comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro dese mesmo ano. Deberán ser presentados ó xurado en CD, DVD ou VHS e, no caso de Internet, a copia deberá acompañarse do enderezo completo da web.
Os reclamos publicitarios serán admitidos no Rexistro do Consello Asesor ata o dÃa 30 de marzo de 2008 e deberán ser remitidos ó seguinte enderezo: Consello Asesor de RTVE-G, Praza da Quintana nº 2 – 1º, 15704 Santiago de Compostela.